Press "Enter" to skip to content

‘Aline Frazão’

25/04/2019 – 25/04/2019

A cantora angolana Aline Frazão presenta Dentro da chuva, o seu cuarto disco, gravado no Río de Janeiro. Será nun concerto especial polo 25 de abril, Día da Liberdade, con convidados especiais: a cantora brasileira Kátya Teixiera, a galega Uxía e o multi-instrumentista «brasilego» Sérgio Tannus.

Cantora, compositora, letrista, instrumentista e produtora, deuse a coñecer no festival Internacional da Lusofonía Cantos na maré e gravou o seu primeiro traballo discografico, Clave bantú (2011), en Santiago de Compostela onde residiu durante un tempo antes de dar o seu salto internacional con Movimento (2013) e Insular (2015). O seu novo traballo, Dentro da chuva (2018) coloca a cantora angolana nun case “guitarra e voz” minimalista e poético que a reafirma como un dos grandes novos valores da música lusófona.

+Info