Press "Enter" to skip to content

Cantos de taberna

02/01/2019 – 04/01/2019

Os centros cívicos do Romaño, Fontiñas e O Ensanche serán escenario dunha actividade incluída na programación de Nadal, e que o Concello pon en marcha en colaboración coa Asociación Muiñeiros do Sarela. Trátase dun ciclo de Cantos de Taberna, que inclúe obradoiros nos que as persoas participantes poderán aprender o repertorio tradicional que despois será interpretado polas rúas e tabernas de cada barrio.

Mércores 2: Romaño
Xoves 3: Fontiñas
Venres 4: O Ensanche

Obradoiros: 18.00-20.00, nos CC
Cantos de rúa e taberna: A partir das 20.30 nos bares de cada barrio