Press "Enter" to skip to content

Ciclo de cine ‘Lecciones de vida’

15/01/2019 – 26/02/2019

Os filmes 21 nuits avec PattieLa belle et la belleJe fais le mortMPrimaire e Quelques heures de printemps son os escollidos para formar parte do cartel deste ciclo que se desenvolve do 15 de xaneiro ao 26 de febreiro, con proxeccións en versión orixinal subtitulada todos os martes ás 20h na Sede Afundación de Santiago de Compostela. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.

O ciclo inaugurouse o pasado 15 de xaneiro coa película 21 nuits avec Pattie. Caroline interrumpe as súas vacacións para organizar o funeral da súa nai, Isabelle, que faleceu repentinamente na súa casa dos Pirineos. Alí establece amizade con Pattie, que coida da casa da súa nai, pero os preparativos do funeral dan un xiro inesperado cando o cadavre desaparece misteriosamente.

O día 22 de xaneiro proxectarase La belle et la belle, de Sophie Fillières. Narra a historia de como se coñecen Margaux, unha moza de 20 anos, e Margaux, de 45. Todo os une, son como unha única persoa pero en dúas idades diferentes das súas vidas.

A seguinte película, Je fais le mort, de Paul Salomé, poderá verse o martes 29 de xaneiro. Un actor en decadencia acepta o traballo de facer de víctima na recreación dun homicidio, pero pronto xurden discrepancias co detective que investiga o caso.

M, de Sara Forestier, proxectarase o 12 de febreiro. Lila e Mo coñécense nunha parada de autobús. Lila ten un problema na fala. Mo é falangueiro e exuberante. Lila está preparando os seus exames. Mo conduce coches en carreras ilegais. Os opostos atráense, e eles namoran, pero Mo esconde algo.

O 19 de febreiro poderá verse Primaire, de Hélène Angel. Florence é unha mestra apaixoada, ten a enerxía e a forza dos seus 30 anos e os medios ao seu alcance para conseguir os mellores resultados dos seus alumnos. Entre o desexo do seu fillo Denis, que está na súa clase este ano, de irse a vivir co seu pai; Sacha, un estudante a quen súa nai descoida por completo, e todas as demais situacións coas que se enfrentan os seus alumnos, Florence vivirá un ano crucial.

Finalmente, o 26 de febreiro pechará este ciclo con Quelques heures de printemps, de Stéphane Brizé. Tras cumplir unha condena de 18 meses por intentar pasar 50 kilos de cannabis, Alain sae do cárcere e marcha  vivir coa súa nai, unha muller humilde que desde hai tempo é incapaz de ser cariñosa con el. 

+ info