Press "Enter" to skip to content

Circum: Coralie Yap-Chine e convidados

13/01/2019 – 13/01/2019

Circum é o nome do proxecto de residencias musicais que se desenvolve no Modus Vivendi nos primeiros meses deste 2019. Catro bandas creando e medrando diante dos ollos do público, interpretando un repertorio coñecido pero distinto cada noite durante dous domingos e dous martes cada mes.

CHaNZo [Martes 8, 21h]
Alex Salgueiro, Max Gómez e Xacobe Martínez Antelo inician CHaNZo. Tres músicos galegos que dispoñen da improvisación como fiel aliada, e comparten como unha obsesión a búsqueda de novos territorios musicais. CHaNZo é música negra pero non só. É Groove pero non só. É jazz pero non só. ChAnzO traballa cunha nova paleta de elementos arriscados e informáis, deixando que a música atope o seu propio camiño. E a música, sempre atopa o seu camiño…

Coralie Yap-Chine e convidados [Domingo 13, 20:30h]
A vocalista Coralie Yap-Chine comeza no Modus Vivendi una nova etapa na súa carreira musical. A súa voz acompañará a diferentes invitados [este mes, a guitarra de Maurizio Caruso] para experimentar con textos literarios propios e alleos, chançon francesa, a canción sudamericana e outras músicas do mundo. Un domingo ao mes poderemos escoitar como cancións coñecidas mudan en formas novas e sorprendentes para o noso desfrute.

Tato Trío [Martes 15, 21h]
Tato Vázquez na guitarra, Alex Salgueiro no Hammond e LAR Legido na batería forman este trío compostelán, Tato Trío, que nace para render homenaxe a algunhas das figuras máis importantes do soul-jazz das décadas dos 60 e dos 70, na busca por reflexar a frescura e o ritmo dunha época influenciada pola sonoridade do órgano Hammond.

Marcos Teira & Ton Risco [Domingo 27, 20:30h]
Dous músicos infrecuentes que se buscaron para vivir un affaire musical. Dous instrumentos de carácter percusivo e timbres diferentes que se atopan nun novo entendimento. Dúas persoalidades musicais con experiencias diversas, pero con puntos en común que, sen outra intención que a de disfrutar un do outro, xuntan no seu repertorio unha coleción de temas que abrangue standards de jazz, música sudamericana, flamenco ou temas de composición propia. A maxia dun encontro inesperado…