Press "Enter" to skip to content

Concierto presentación del disco «Fulgor», de BUDIÑO

15/03/2019 – 15/03/2019

Despois de 6 anos de silencio, Budiño publicou o 25 de xaneiro de 2019 FULGOR, un novo álbum con 10 cancións orixinais, compostas, producidas e cantadas por el mesmo. Un universo ultra moderno cun pé na raíz e outro no abismo. O abismo da creatividade, cheo de arraigo e de fame de risco. Pisar terra e querer tocar ceo.

FULGOR ven armado de grandes letras. Letras de poetas (Antía Otero). Letras de songwriters (Xoel López e Vega). Letras do propio Budiño que foi quen de dotalas de novo do seu universo.

Budiño soubo rodearse neste FULGOR de tres grandes guitarristas, como o galego Antonio Casado, o son transfronterizo de Jairo Zavala ou o sotaque luso africano de Luiz Caracol. E máis que destacable é a participación do Cuarteto Quiroga, recentes gañadores do Premio Nacional de Música, enchendo de maxia «Santiago» e «Bos Amores”. 

Budiño agasállanos cun disco máis plural, máis sen xénero, máis de aquí e de alá, máis aberto e máis de todas, en resume, máis Budiño que nunca. Chegou FULGOR, porque todo brilla, todo resplandece, porque Fulgor é de todos os que deciden seguir brillando. Un FULGOR para unha nova etapa que xa non soa a silencio.

Budiño: Voz, frauta, piano, guitarra
Brais Morán: Guitarra, coros
Alex Salgueiro: Wurlitzer, sinte
Fran Sanz: Baixo
Ton Risco: Batería
www.budinomusic.com