Press "Enter" to skip to content

‘De lugares e órganos 2019’

11/04/2019 – 20/04/2019

Do 11 ao 20 de abril celébrase a cuarta edición do ciclo ‘De lugares e órganos’, coincidindo coas datas de Semana Santa. Prográmanse concertos para a descuberta do patrimonio organístico de Santiago e tamén actividades paralelas, como  itinerarios para coñecer os órganos da cidade, proxeccións cinematográficas ou conversas con artistas.

As entradas para os concertos do ciclo  son de balde, pero é preciso retirar invitación na billeteira do Teatro Principal. Se non se esgotan antes de cada actuación, tamén se poderán recoller os pases no propio lugar da actividade.

 

+Info