Press "Enter" to skip to content

‘Desvío I’ – Teatro En-Trance – Paula Sanmartín

08/02/2019 – 08/02/2019

Desvío é unha peza posdramática de Teatro En-Trance, con abertura de linguaxes, dividida en catro actos: ‘Desvío’, ‘A fada verde’, ‘Pulso’ e ‘B-Ufo’. A peza xurdíu como unha aproximación física e crítica, espiritual e lúdica, aos movementos feministas e “queer” nun período que vai desde 1920 ata 2020. Trátase dun periplo polo Multiverso “Trans” abranxido nunha cosmovisión espiral de liberación ascendente. Un ritual dionisíaco e surrealista, unha catarse de xénero.

Desvío tamén contén un video-poema, unha viaxe astral, exequias místicas, “spoken-word”, videoarte e música electrónica amazónico-alieníxena.  

+ Info