Press "Enter" to skip to content

‘Festas da Ascensión 2019’

29/05/2019 – 02/06/2019

Celebración das Festas da Ascensión. O programa inclúe unha ampla oferta de estilos musicais, actividades para pequenos e maiores, a tradicional feira cabalar de Amio e as múltiples atraccións na Alameda.

En 2019 Compostela celebrará as festas da Ascensión do 29 de maio ao 2 de xuño, cun programa pensado para atender a un público diverso e no que todas as actividades serán de balde. Haberá oito grandes concertos nas prazas da Quintana e do Toural, moitas propostas para o público familiar e actividades que forman parte xa da tradición das festas máis compostelás do ano»dende o mediodía ata ben entrada a noite.

PROGRAMA

Mércores 29 de maio

12.00 h. Disparo de bombas anunciando o comezo das festas.

12.30 h. COMPARSA DE CABEZUDOS: Teatro Principal. Percorrido pola Rúa Nova, Praza das Praterías, Fonseca, Franco, Praza do Toural, Rúa Nova, Caldeirería, Praza de Abastos, Praza de Cervantes, San Agustín, Casas Reais, Rúa Travesa, Preguntoiro, Fonte Sequelo e Rúa Nova.

20.30 h. LALI AYGUADÉ: Praza de San Martiño Pinario | Danza contemporánea.

21.30 h. OS 40 POP: Praza da Quintana | Entrada libre ata completar aforo | Presentado por Tony Aguilar coa parricipación de Roi Méndez, Ana Guerra, Nill Moliner, Ana Mena, Carlos Right e Dani Fernández.

23.00 h. ORQUESTRA CLAXON: Paseo Central da Alameda.                      

23.00 h. DAVIDE SALVADO “AMARELO” [MÚSICA]: Praza do Toural | Entrada libre.

Xoves 30 de maio

DÍA DA ASCENSIÓN

12.30 h. COMPARSA DE CABEZUDOS: Teatro Principal. Percorrido pola Rúa Nova, Praza das Praterías, Fonseca, Franco, Praza do Toural, Rúa Nova, Caldeirería, Praza de Abastos, Praza de Cervantes, San Agustín, Casas Reais, Rúa Travesa, Preguntoiro, Fonte Sequelo e Rúa Nova.

12.30 h. SESIÓN VERMÚ MARTIÑA SOÑADORA [MÚSICA EN FAMILIA]: Praza de Cervantes.

13.00 h. SESIÓN VERMÚ BRASSICA RAPA [MÚSICA]: Praza de Cervantes.

18.00 h. CIRCO NO ATO “A SALTO ALTO” [CIRCO]: Praza Roxa.

FOLK NA RÚA

Praza de Santo Agostiño: 18.00 h. Brincadeira | 18.30 h. Colexiata do Sar | 19.00 h. Cantigas e Agarimos | 19.30 h. Ultreia.

Praza do Toural: 18.00 h. Ultreia |  18.30 h. Cantigas e Agarimos | 19.00 h. Brincadeira | 19.30 h. Colexiata do Sar.

Praza de Cervantes: 18.00 h. Cantigas e Agarimos  | 18.30 h. Ultreia | 19.00 h. Colexiata do Sar | 19.30 h. Brincadeira.

Praza do Obradoiro: 18.00 h. Colexiata do Sar | 18.30 h. Brincadeira | 19.00 h. Ultreia | 19.30 h. Cantigas e Agarimos.

Acibechería: 20.00 h. Actuación conxunta FOLK NA RÚA

20.00 h. BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA & ODAIKO “Vaia Banda”: Praza das Praterías.

22.00 h. LORCA NAMORADOPraza da Quintana | Entrada libre. Abe Rábade | Salvador Sobral | Kike Morente | Arcángel |  Marcelo DoBode |Davide Salvado | Susana Seivane. 

22.30 h. ORQUESTRA SATÉLITES: Paseo Central da Alameda.

23.30 h. GERMÁN DÍAZ E BENXAMÍN OTERO “13 CANCIÓNS BONITAS” [MÚSICA]: Praza do Toural | Entrada libre.

CONCURSO CABALAR ASCENSIÓN 2019: Mercado Nacional de Gando de Santiago (Amio)

INSCRICIÓNS   

09.30 h. Apertura de inscricións para participar nos concursos de andadura galega serrada e chapeada, concursos morfolóxicos de pura raza galega puntuables para a “XVIII Copa Galicia de Pura Raza Galega 2019” e nos concursos de ponis e  percheróns. Lugar para inscricións: Mesa do xurado.

CONCURSOS  DE ANDADURA GALEGA DE TRADICIÓN (SERRADA E CHAPEADA). Non poderán concursar trotóns. 

10.00 h. Concurso de andadura galega Serrada (dous tempos) puntuable para o “I Campionato Galego de Andadura Galega de Tradición”. PREMIOS: 1º Premio  120 € + escarapela; 2º Premio 90 € + escarapela; 3º Premio 60 € + escarapela.

10.30 h. Concurso de andadura galega Chapeada  (catro tempos) puntuable para o “I Campionato Galego de Andadura Galega de Tradición”. PREMIOS: 1º Premio 120 € + escarapela + escarapela; 2º Premio 90 € + escarapela + escarapela; 3º Premio 60 € + escarapela + escarapela.

CONCURSOS MORFOLÓXICOS  DE PURA RAZA GALEGA P.R.G. “XVIII COPA GALICIA PRG”

11.00 h. Concurso Morfolóxico puntuable para a “XVIII Copa Galicia P.R.G.”  de Cabalos de Pura Raza Galega. Sección Sementais Maiores de 3 anos. Inscritos no libro xenealóxico da raza. PREMIOS: 1º Premio 120 € + escarapela; 2º Premio 90 € + escarapela; 3º Premio 60 € + escarapela.

11.30 h. Concurso Morfolóxico puntuable para a “XVIII Copa Galicia P.R.G.” de Cabalos de Pura Raza Galega. Sección Eguas Maiores de 3 anos. Inscritos no libro xenealóxico da raza. PREMIOS: 1º Premio 120 € + escarapela; 2º Premio 90 € + escarapela; 3º Premio 60 € + escarapela

CONCURSO MORFOLÓXICO DE PONIS (SECCION ÚNICA)

12.00 h. Concurso morfolóxico aberto a todas as razas de ponis, nunha única sección (participarán machos e femias xuntos). PREMIOS: 1º Premio 100 € + escarapela; 2º Premio 70 € + escarapela; 3º Premio 60 € + escarapela; 4º Premio 50 € + escarapela; 5º Premio 50 € + escarapela; 6º Premio 50 €  + escarapela.

CONCURSO MORFOLÓXICO DE CABALOS E EGUAS PERCHERÓNS. “III TROFEO CABALO SANTIAGUEIRO”  DE CABALOS E EGUAS PERCHERÓNS. SECCIÓN ÚNICA (PARTICIPARÁN MACHOS E FEMIAS XUNTOS)

12.30 h. Concurso morfolóxico de cabalos  e eguas percheróns (maiores de tres anos). PREMIOS: 1º Premio 120 € + escarapela; 2º Premio 70 € + escarapela; 3º Premio 60 € + escarapela; 4º Premio 50 € +   escarapela; 5º Premio 50 € + escarapela.

13.00 h. Entrega de premios e trofeos ás gandarías gañadoras e do “Gran Premio Dragóns de Santiago” Trofeo Institucional do Concello de Santiago de Compostela (que recaerá na egua ou cabalo de Pura Raza Galega que obteña maior puntuación nos concursos morfolóxicos da Feira Cabalar da Ascensión).

13.10 a 14.30 h. Gran exhibición ecuestre de doma ASCENSIÓN 2019 “LA MAGIA DEL CABALLO (de León)”, coa presentación especial do número de ximnasia acrobática con cabalos de pura raza galega da Asociación PURA RAZA CABALO GALEGO a cargo da alemana Corinna Sonja Spaenkuch

14.30 h. Fin da Feira Cabalar.

 

Venres 31 de maio

13.00 h. ZELTIA “IREVIRE” [MÚSICA]: Praza de Cervantes | Entrada libre.

18.00 h. XLIII TROFEO DA CHAVE: Asociación de Xogadores da Chave de Santiago | Parque da Alameda (fronte á gardería de Santa Susana).

18.30 h. OBRADOIRO  DE SWING: Praza de Cervantes.

18.30 h. SAMBIOSIS. BATUCADA: Puente Castro – Xeneral Pardiñas | 19.00 h. República do Salvador | 19.30 h. Praza Roxa.

20.30 h. SWING NA ASCENSIÓN: Praza de Cervantes | Entrada libre.

21.00 h. SUSANA SEIVANE: Praza da Quintana  | Entrada libre.

22.30 h. ORQUESTRA DILEMA: Paseo Central da Alameda.

23.00 h. BAIUCA LIVE BAND A/V SHOW  [Alejandro Guillán | Xosé Lois Romero | Andrea Montero | Adrián Canoura] Praza da Quintana | Entrada libre.

23.00 h. NAJLA SHAMI “ELA SABE A SOL” [MÚSICA]     Praza do Toural | Entrada libre.

Sábado 1 de xuño

A FESTA NO TEATRO PRINCIPAL: Microespectáculos

11.30 h. INACIO VILARIÑO: Rodari Rodari (monicreques).

11.30 h. YOLANDA CASTAÑO: Contacontos en verso (poesía).

11.30 h. PÉREZ&FERNÁNDEZ: A Tortoise, un can, two monsters e un picnic (monicreques).

11.30 h. SERVANDO BARREIRO: Os c@ntos do bardo Abelarlo (contos e música).

13.00 h.  LYDIA BOTANA: De aquí para alá (música).

17.00 h. ANXO MOURE: Cóntame un cine (contos e cine).

17.00 h. XAROPE TULÚ: A miña primeira viaxe (teatro).

17.00 h. SALETA FERNÁNDEZ: Pan con chocolate (contos).

17.00 h. FANI TRIANA: Ilusionista (maxia).

18.30 h. CHARO PITA: No país do vento (música).

Os convites pódense recoller na billeteira do TEATRO PRINCIPAL dende o día 21 de maio en horario de 18.00 – 21.00 h.

50 ANOS ALÓ: San Martiño Pinario

12.00 h. comezo da festa e photocall.

Lembranzas dos negocios existentes nas  rúas da zona. Apertura da Casa da Troia, con entrada libre a todos os que vaian vestidos da época (1969).

13.00 h. Charanga BB+.

14.00 h. Sesión vermú a cargo de Dani Barreiro & Friends.

16.00 a 20.00 h. Xogos populares para nenas/os e non tan nenas/os.

17.30 h. As parábolas de Pakolas.

19.30 h. Banda Municipal de Música con Odaiko.

21.30 h. Bailes de Cuba a cargo de Marcos Pombo.

22.30 h. Los Mecánicos.                           

13.00 h. XOANA “DARDOS” [MÚSICA]: Praza de Cervantes | Entrada libre.

14.00 h. XXII FESTA PARA OS MAIORES: Xantar e a continuación actuación musical do DÚO CHARADA | Recinto Feiral de Amio | 7,50 €  (A entrada poderá mercarse nas billeteiras do Teatro Principal: A partir do día 20 de maio ata o día 1 de xuño. Horario: 11.00h – 14.00 h.).

16.00 h. XLIII TORNEO DA CHAVE: Asociación de Xogadores da Chave de Santiago | Parque da Alameda.

20.30 h. VI CICLO MÚSICA DE CÁMARA NAS CIDADES PATRIMONIO DA HUMANIDADE 2019      Quinteto Ricercata de EY: Juan Cossío, flauta; Yeimi Leguizamón, oboe; Ángel Martín, clarinete; María Bernal, fagot e Antonio Lasheras, trompa. 

Claustro de San Martiño Pinario (Os convites pódense recoller na billeteira do Teatro Principal dende o día 21 de maio en horario de 18.00 a 21.00 h.).

21.00 h. NOVEDADES CARMINHAPraza da Quintana | Entrada libre.

22.30 h. ORQUESTRA ATENAS: Paseo Central da Alameda.

23.00 h. DE MAR A MAR “MÚSICA DO MEDITERRÁNEO AO PACÍFICO”: Praza do Toural |  Entrada libre.

Domingo 2 de xuño

12.00 h. CONCERTO BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA: Rúa Ramón Cabanillas.

12.30 h. SIRA E O ROBOT con Mark Wiersma e Miguel  Mosqueira  [MÚSICA EN FAMILIA]: Praza de Cervantes |  Entrada libre.

13.00 h. CHICHARRÓN “CANCIÓNS CLÍNICAS”    Praza de Cervantes | Entrada libre.

13.30 – 15.00 h. MACROBLOCO DO BATEBATUKE.

Saída da Praza das Praterías, Rúa do Vilar e fin na Praza do Toural (Ruada final do Festival Batebatuke no que participarán 120 percusionistas chegados de toda a península ibérica).

19.00 h. CORAIS NA RÚA

Praza das Praterías (no caso de choiva, no Teatro Principal):  Amigos de Compostela | Coto da Nai | Hermano Gómez  | La Salle | Santa Susana | Ponte Mantible | Xúbilo| Cantorum Compostellana Coniunctio

Do 16 de maio ao domingo 2 de xuño. EXPOSICIÓN: “HISTORIA E TRADICIÓN DO COCHE DE CABALOS” : Área Central.

+Info