Press "Enter" to skip to content

«Festas do Barrio de San Lázaro – Festa da Uña 2019 – Gastronomía»

05/04/2019 – 08/04/2019

Festa da Uña – Barrio de San Lázaro

(5 de abril – 8 de abril de 2019)

Coincidindo co quinto domingo de Coresma, tamén chamado de ‘Domingo de Lázaro’ ou ‘Domingo de Paixón’, o que leva á Semana Santa co Domingo de Ramos, o Compostelán Barrio de San Lázaro celebra durante catro días unha das súas festas relixiosas e gastronómicas máis tradicionais, a Festa da Uña.

Nesta festividade popular, a imaxe de San Lázaro procesiona dende a capela ata o campo da festa, onde se celebra unha misa cantada ao aire libre, antes de que a imaxe do santo retorne á igrexa. A festa inclúe cada ano varios servizos relixiosos en honor de San Lázaro e tamén a tradicional romaría, na que se realiza a gran poxa das pezuñas e outras pezas do porco ofrecidas ao santo. Como en todas as festas, non falta tampouco a verbena.

A parte culinaria está baseada nas pezuñas de porco e os bertóns/grelos. Centos de veciños reúnense todos os anos durante estes días en restaurantes de todo o barrio, situado no Camiño Francés, para saborear o prato tradicional da ‘Festa da uña’ (as pezuñas de porco) con bertóns/grelos (servido xeralmente con chourizo e patacas) e gozar dunha das festas máis antigas da cidade.

programa festivo-relixioso da Romaría de San Lázaro está organizada pola Comisión de Festas, Parroquia de San Lázaro e co-organizada por: Concello de Santiago. A parte gastronómica está promovida por Turismo de Santiago e a Asocación Hostelaría Compostela.

Teléfono: 34 981 555 129

 

OFERTA GASTRONÓMICA – BARRIO DE SAN LÁZARO

A CALZADA: Rúa San Marcos, 52. T: 981 57 14 33. Horario e servizo das Uñas: Venres, sábado, domingo e luns, 13:00 a 16:00 e 20:0 a 23:00. Menú *por encargo*: Uñas, chourizo, pataca, bertóns/grelos. Prezo: 15 € (con bebida e sobremesa 20 €).

A CASA DA VIÑA: Rúa de San Lázaro, 54. T: 981 58 64 59. Horario e servizo das Uñas: Venres e sábado, 13:30 a 15:30 e 21:00 a 23:30. Domingo e luns, 13:30 a 15:30. Menú: Uñas, bertóns, patacas e chourizo. Bebida: Viño, auga, cervexa, café, chupito. Sobremesa: Flores, pastel de queixo. Prezo: 25 €.

AS FONTIÑAS: Esquina Rúa París – Rúa Moscova. T: 981 57 81 30. Horario e servizo das Uñas: Venres, sábado, domingo e luns, 13:00 a 16:00 – 20:00 a 00:00. Menú: Ración de uñas, bebida, pan. Prezo: 12,50 € | Para levar: 10 €.

BRASERÍA A GRELLA: Rúa do Vintecinco de Xullo, 35. T: 981 58 02 66. Horario e servizo das Uñas: Venres, sábado, domingo e luns, 13:30 a 16:00 e 20:30 a 00:00. Menú: Uñas con patacas, bertóns e chourizo. Sobremesa: Crema de queixo con marmelo. Prezo: 18 €.

DOÑA ANA: Rúa de San Lázaro, 85. T: 981 93 53 44 – 698 10 85 69. Horario e servizo das Uñas: Venres, sábado e luns, 12:30 a 17:00 e 20:30 a 00:00. Domingo, 12:30 a 17:00. Menú: Uña con codillo, chourizo, pataca e bertón. Bebida: Auga, refresco, cervexa, viño da casa. Sobremesa: Tarta de queixo, tarta amorodo, tarta augardente. Prezo: 20 €.

LA BODEGUILLA DE SAN LÁZARO: Rúa de San Lázaro, 104. T: 981 56 66 07. Horario e servizo das Uñas: Venres, sábado e luns, 13:00 a 16:00 e 20:00 a 23:00. Domingo, 13:00 a 16:00. Menú: Ración de uñas con bertóns, patacas e chourizos. Prezo: 12,50 €.

LA BRASERÍA DE TERE: Rúa de San Lázaro, 97. T: 679 45 86 12. Horario e servizo das Uñas: Sábado, domingo e luns, 13:00 a 16:00. Menú: Uña, pataca, chourizo, bertóns e pan. Bebida: Botella 70c. de viño da casa, cervexa ou auga. Sobremesa: sobremesa caseira e caféPrezo: 25 €.

LA FINCA: Rúa de San Lázaro, 103. T: 981 58 03 61 – 629 88 55 38. Horario e servizo das Uñas: Sábado e luns: 13:00 a 16:00 e 20:00 a 23:00. Venres: Uñas só por encargo. Menú: Uña de porco, chourizo, patacas e bertóns. Prezo: 13 €.

MESÓN DE LÁZARO: Rúa de San Lázaro, 73. T: 981 57 65 25. Horario e servizo das Uñas: Venres, sábado, domingo e luns, 9:30 a 00:00. Menú: Uña, pataca, chorizo, bertóns. Bebida: 1/2 botella ribeiro tinto. Sobremesa: Rosquilla da festa. Prezo: 25,75 €.

O LABRADOR: Costa de San Marcos, 38. T: 981 58 08 07. Horario e servizo das Uñas: Sábado e luns, 13:00 a 16:00 e 20:30 a 00:00. Menú: Ración de uñas con bertóns, patacas e chourizos. Prezo: 12 €.

O MUIÑEIRO: Rúa da Muíña, 2. T: 698 18 82 72. Horario e servizo das Uñas: Sábado, domingo e luns, 13:00 a 16:00 e 20:00 a 00:00. Menú: Ración de uñas, bertóns e chourizo. Prezo: 15 €.

O TANGUEIRO: Ponte de San Lázaro, 10. T: 981 58 70 26. Horario e servizo das Uñas: Domingo e luns, 13:00 a 17:00 e 20:00 a 23:30. Menú: Uñas, bertóns, patacas, chourizo. Pan, viño ou agua ou refresco e sobremesa. Prezo: 15 €.

PEDRA SANTA: Costa de San Marcos, 18. T: 981 55 74 15. Horario e servizo das Uñas: Venres, sábado, luns e martes, 13:00 a 16:00 e 21:00 a 23:00. Menú: Uñas, bertóns, patacas e chourizos. Sobremesa: Filloas ou queixo con marmelo. Prezo: 25 €.

SUSOS: Costa de San Marcos, 22. T: 672 70 55 51. Horario e servizo das Uñas: Venres, 13:00 a 16:00 e 20:30 a 23:00. Sábado e luns, 13:00 a 16,30 e 20:00 a 23:30. Menú: Uña con codillo, bertóns, patacas e chourizo. Prezo: 15 €.

OFERTA GASTRONÓMICA OUTROS BARRIOS:

 
A NAVE DE VIDÁN: Avenida da Mestra Victoria Míguez, 44. T: 616 99 60 76. Horario e servizo das Uñas: Sábado, 13:00 a 16:00 e 21:00 a 00:00. Domingo e luns, 13:00 a 16,30 e 20:00 a 22:30. Menú: Uñas, bertóns, pataca e chourizo. Prezo: 12 €.

DON QUIJOTE: Rúa das Galeras, 20. T: 981 58 68 59. Horario e servizo das Uñas: Venres, sábado, domingo e luns, 12:00 a 16:00 e 20:00 a  23.30. Menú: Uña, codillo, bertóns, chourizo e patacas. Bebida: Viño mencía ou auga. Sobremesa: Filloas enchidas de crema caramelizada. Prezo: 25 €.

O BO XANTAR: Rúa Torreira, 18. T: 981 94 30 78. Horario e servizo das Uñas: Venres, sábado, domingo e luns, 13:00 a 16:00 e 21:00 a 23:30. Menú: Ración de uñas con chourizo, bertóns e pan. Bebida: incluída (viño ribeiro da casa). Sobremesa: incluída. Prezo: 15 €.

RUTA JACOBEA: Lavacolla, 41. T: 981 88 82 11. Horario e servizo das Uñas: Venres, sábado, domingo e luns, 13:00 a 17:00 e 20:00 a 00:00. Menú: Queixo do país, uñas de San Lázaro con bertóns. Bebida: Auga mineral, viño mencía Vía Romana  D.O. Ribeira Sacra. Sobremesa: Filloas enchidas ao sirope de mel. Café ou infusión. Prezo: 29 €.

SAN PAIO: Lavacolla, 54. T: 981 88 82 05 – 670 42 08 37. Horario e servizo das Uñas: Venres e luns, 13:00 a 15:00. Sábado e domingo, 13:00 a 16:00. Menú: Uñas, chourizo, bertóns, patacas. Sobremesa: incluída + café. Prezo: 15 €.

TABERNA DA FEIRA: Salgueiriños, 24. T: 981 93 84 00. Horario e servizo das Uñas: Venres, sábado, domingo e luns, 12:30 a 16:00 e 20:00 a 00:00. Menú 1: Ración de uñas de San Lázaro (uña, chourizo, bertóns e patacas). Prezo 1: 15 € Menú 2: Croquetas caseiras; uñas, chourizo, bertóns e patacas. Bebida: Viño rioja ou mencía. Auga, refrescos ou café. Sobremesa: flan caseiro á Taberna co seu xeadiño. Prezo 2: 25 €.

ULTREIA: Lugar Noval, 45. T: 981 89 70 79. Horario e servizo das Uñas: Venres, sábado, domingo e luns, 13:00 a 16:00 e 20:00 a 00:00. Menú: Uñas de San Lázaro. Bebida: viño Mencía. Sobremesa: incluída + café e chupito. Prezo: 12 €.

– Todos os prezos IVE incluído. Datos facilitados pola Asociación Hostelaría Compostela –