Press "Enter" to skip to content

‘Gustavo Almeida’

26/04/2019 – 26/04/2019

A Cidade da Cultura celebra este venres, 26 de abril, un concerto do cantautor brasileiro Gustavo Almeida na Biblioteca e Arquivo de Galicia, dentro do programa de actividades para conmemorar o Día do Libro. O artista, que leva 20 anos instalado en Galicia, actuará  coa súa banda no Auditorio Neira Vilas.

O cantautor acaba de sacar este ano 2019 novo traballo, Vértice, o cuarto da súa carreira, onde ofrece unha mestura entre a cultura brasileira e a española con fusión de estilos. As súas raíces cariocas están presentes sempre nas súas composicións a través de melodías, harmonías e textos. No entanto, nesta ocasión,  este traballo supón un punto de inflexión xa que se mesturan estilos como o pop, o funk ou a canción de autor.


Vértice está composto por 12 temas que soarán no Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia,  no que Gustavo Almeida estará acompañado da súa banda. Precisamente, un deles,  Foi  de repente, estivo preseleccionado na última edición dos Grammy latinos na categoría ‘Gravación do ano’.

+Info