Press "Enter" to skip to content

‘II Mostra de cine latinoamericano Araguaney’

20/05/2019 – 24/05/2019

 

A Fundación Araguaney presenta a segunda Mostra de Cinema Latinoamericano Araguaney. Repasando a historia recente de países como Nicaragua, Brasil ou Uruguai, coñeceredes a parte máis salvaxe do continente e vibraredes coas tradicións culturais máis sorprendentes e todo iso sen saír da butaca. Porque esa, queridos amigos, é a maxia da sétima arte.