Press "Enter" to skip to content

‘III Fairway, Foro do Camiño de Santiago’

10/02/2019 – 12/02/2019

A III edición do foro sobre o Camiño de Santiago Fairway celebrarase do 10 ao 12 de febreiro no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela.

A feira contará cun centenar de expositores, un workshop como espazo no que realizar contactos e xuntanzas de negocios, un congreso con conferencias e mesas de debate, un foro de inversión, un programa de formación que constará de obradoiros, coloquios e conferencias sobre marketing dixital turístico e reputación online, así como unha xornada de portas abertas con actividades para todos os públicos