Press "Enter" to skip to content

‘Melona Fest #4’

03/04/2019 – 06/04/2019

O Melona Fest é un festival de carácter anual que nace coa intención de incentivar e enriquecer a oferta cultural compostelá, dando cabida a artistas emerxentes e innovadores na cidade. Nesta cuarta edición destacan no cartel Pony Bravo, o compostelán Nico Casal e a estrea mundial do seu novo disco “Alone”, o synth pop de Soledad Vélez, a kinkidelia de Derby Motoreta’s BurritoKachimba, a electrónica de Akkan, a presenza da artista gráfica Rocío Quillahuaman ouo proxecto de antropoloxía musical de Ruben Alonso, Antropoloops. 

+Info