Press "Enter" to skip to content

‘noitiNHas 2019’

26/04/2019 – 18/10/2019

A azotea do Hotel NH Collection Santiago volve ofrecer música e petiscos gourmet na súa entrega de 2019. As citas serán coma sempre de balde trala recollida previa de convites a partir das 19:30h cada un dos días de actuación na recepción do hotel. As veladas comezarán cunha sesión musical a cargo dun DJ local e proseguirán con actuacións en directo a partir das 21h de destacados artistas do panorama musical nacional e internacional.

A novidade desta edición ven da parte gastronómica: seis cociñeiros convidados serán os encargados de crear e elaborar un dos petiscos temáticos de cada xornada, sumando así atractivo ás citas imprescindibles do ciclo musical compostelán.

PROGRAMA 2019

notiNHas 26-04:

*19:30h-21h: DJ Bigote Mix

*21h: Mohama Saz en directo (Mediterranean psych-rock. Madrid)

*Cociñeiro convidado: Tito Fernández – Hesperia A Coruña Finisterre

 

notiNHas 07-05:

*19:30h-21h:DJ Jimmy’s Lambada

*21h: Pedrina en directo (Pop alternativo. Colombia).

*Cociñeiro convidado: Roberto Filgueira – O Balado (Boqueixón)

 

notiNHas 12-06:

*19:30h-21h: DJ Russinha

*21h: Mula (Electrónica. Caribe futurístico. República Dominicana)

*Cociñeiro convidado: Rafa Centeno – Maruja Limón (Vigo)

 

notiNHas 07-08: 

*19:30h-21h:DJ Tristón

*21h: Blanco Palamera en directo (Inditrónica. Dream-Pop. Galicia)

*Cociñeiro convidado: Kike Piñeiro – A Horta do Obradoiro  (Santiago de Compostela)

 

notiNHas 04-09:

*19:30h-21h: DJ Fixemberg

*21h: Selvática en directo (Pop. Post-Punk. Tropic. Galicia)

*Cociñeiro convidado: Álvaro Víctoriano –  Peculiar (A Coruña)

 

notiNHas 18-10:

*19:30h-21h: DJ Manuele Caamagno

*21h Los Bengala en directo (Rock&Roll felino. Garage. Aragón)

*Cociñeiro convidado: Juan Crujeiras – Bido (A Coruña)

 

+Info