Press "Enter" to skip to content

O Premio Nacional de Fotografía Juan Manuel Castro Prieto visita Santiago para impartir un obradoiro intensivo

09/03/2019 – 10/03/2019

Baixo o título de “DESENVOLVEMENTO DO PROCESO FOTOGRÁFICO. CONTAR EN IMAXES” o prestixioso fotógrafo Juan Manuel Castro Prieto, Premio Nacional de Fotografía, visitará a cidade de Santiago de Compostela para impartir un obradoiro intensivo na Escola Unitaria. 

O autor mostrará a súa obra, destacando o seu proceso de creación e desenvolvemento tanto técnico como conceptual, coa intención de que o asistente poida desenvolver o seu propio traballo coa axuda do profesor.

+Info