Press "Enter" to skip to content

‘Proxecto Cultural Sonoro Empeño’

25/03/2019 – 15/09/2019

Arte e música danse a man a través do proxecto cultural Sonoro Empeño que ofrece un compendio de actividades diversas con eixe na mostra homónima que conta con algunhas das obras máis destacadas da Colección de Arte Afundación e ABANCA. Un universo de experiencias orientado a diferentes públicos e deseñado para gozar coa música en moitas das súas variantes, e do diálogo desta con outros conceptos coma a pintura, poesía, escultura, cinema, tecnoloxía, cociña ou ciencia. 

MÚSICA
*Sonoro Empeño na rúa
5 de abril: ‘Media Punta’. Actuación de danza. Praza de Cervantes
6 de maio e 13 de xuño: ‘Pasacalle O Coro da Ra’. 19.30 h. Praza de Cervantes 

*Músicas Sonoro Empeño na sala
28 de marzo: Vatapá quinteto. Actuación de jazz, bossa nova, swing, voz 
10 de abril: Carolina Rubirosa acompañada de Rafael Otero. Guitarras e voz 
9 de maio e 26 de xuño: Estíbaliz Espinosa. Intervencións poético–musicais. 19.30 h
11 de maio: ‘Moraima’. Obradoiro musical para primeira infancia. 11.30 e 17.00 h. Centro Obra Social ABANCA
15 de maio: OH! AYATOLLAH. Actuación música pop. 19.30 h 
22 de maio: Modulador de ondas. Trío musical theremins e violoncello. 19.30 h
21 de xuño. Samuel Diz. Concerto temático con guitarra e mezzosoprano. 19.30 h
  
CINEMA
25 de abril, 8, 16, 23 e 28 de maio: Ciclo de cinema temático. Centro Obra Social ABANCA, Cervantes.
4 e 18 de xuño: Cinema con música en vivo. Auditorio ABANCA
 
COCIÑA 
Obradoiro demostración-degustación con Pepe Solla | Setembro | Centro Obra Social ABANCA

INFANCIA

*Sonoro miúdo
6, 13, 20 e 27 de abril: ‘Sábados musicais’. Obradoiros infantís. 11.30 h. Centro Obra Social ABANCA 

+Info