Press "Enter" to skip to content

Tarque

12/01/2019 – 12/01/2019

Sen ningunha dúbida, estamos ante un dos discos e das xiras do ano. Unha obra que sen pretensión, resulta auténtica, verdadeira e entretida. E non hai mellor entretemento que o que non engana. Con Carlos Tarque non hai trampa nin cartón, pero si moito corazón.
En directo, ademais de a Carlos Tarque, poderemos ver e escoitar a unha das bandas máis poderosas que se pode reunir hoxe día no panorama do rock en castelán, sendo os músicos que tomaron parte na gravación do disco que presentan (Carlos Raya, Coki Giménez e Ivan González “Chapo”)